Esta semana recibimos na asociación Os Mecos, as 8 tablets que a confederación Autismo España, en colaboración coa teleoperadora ORANGE, nos entregaron o participar no programa “Tablets Solidarias”.
Para tratar de que poidan ser usadas polo maior número dos nosos socios, imos a repartilas entre tódolos servizos de BATA.
Así os nosos nenos do Colexio Os Mecos, os adultos do Centro de día e tamén os usuarios da U.A.M., poderán ter acceso a estos dispositivos electrónicos, que lle permitirán potenciar as súas habilidades sociais e de comunicación, aumentar a súa autonomia e así chegar a conseguir unha mellor interacción co entorno e coa familia.